
Existen numerosas páxinas adicadas á oferta de emprego por internet que constitúen unha ferramenta complementaria (e moitas veces máis eficaz) que o INEM (cuxa web comentaremos próximamente). A este tipo de páxinas acuden os empregadores na procura de persoal e os traballadores buscando un posto de traballo que se adapte ás súas necesidades. Grazas a este tipo de páxinas benefícianse ambos, o que ofrece o emprego e o demandante:
Os empregadores:
Os empregadores:
- Xa que o abanico de candidatos nestas web é moi amplo (centos de miles de usuarios).
- Permítelles aforrar tempo e cartos en procesos de selección xa que estas páxinas almacenan a información dos candidatos en bases de datos que facilitan a busca dun perfil determinadado.
Os traballadores:
- Poden seleccionar o tipo de ofertas de traballo nas que están interesados, de forma que se lles avisará a medida que vaian aparecendo.
- Cando sae unha oferta que se axusta ás demandas do traballador a páxina web envía o currículo á empresa ofertante.
- Os procesos axilízanse enormemente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario