WYSIWYG, esta singular palabra emprégase para designar os
editores de páxinas web que nos permiten a creación destas utilizando un entorno gráfico.
WYSIWYG é o acrónimo de "What You See Is What You Get" ou sexa "O que ves é o que obtés". Este tipo de programas
encárganse de "traducir" os elementos que deseñamos para a nosa páxina a linguaxe HTML, polo que o resultado é un arquivo html que podemos subir directamente ó noso servidor.
Entre os principais editores WYSIWYG podemos destacar os comerciais: FrontPage (Microsoft) e Dreamweaver (Adobe Macromedia); e os de software libre: NVU (Mozilla) e Kompozer (evolución do anterior).
Como exemplo de páxina deseñada con Kompozer creei a seguinte infocanido.iespana.es, na que podedes atopar o link para descargar o programa e unha serie de pautas para comezar a utilizalo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario