
Non debemos confundir a pizarra dixital coa pizarra dixital interactiva. Chamamos pizarra dixital á proxección dun canón de vídeo conectado a un ordenador sobre a que interactuamos á distacia por medio dun rato ou dun punteiro. A pizarra dixital interactiva supón actuar físicamente sobre a imaxe proxectada.
A maioría das PDi constan de:
A maioría das PDi constan de:
- Ordenador
- Canón de vídeo
- Pizarra con dispositivo de control do punteiro (tamén pode ser unha pizarra normal blanca sobre a que se coloca un periférico de control do punteiro). Este dispositivo permite enviar información ó ordenador da nosa interacción sobre a pantalla.
- Software de control da PDi.
As PDi están chamadas a ser o dispositivo estrela das TIC aplicadas ao ensino nos vindeiros anos. Este tipo de dispositivos permitirá a alumnos e profesores traballar sobre material audiovisual almacenado no ordenador. Para poder sacar o máximo partido a esta ferramenta é necesario dispoñer dunha conexión de banda ancha para sacar o máximo rendemento dos contidos publicados en internet.
No hay comentarios:
Publicar un comentario