3/6/09

Licenzas de software

Tradicionalmente, cando queríamos un determinado programa para o noso ordenador tiñamos que acudir a unha tenda especializada e mercalo nun soporte dixital (disquete, CD, DVD, etc). O aumento do ancho de banda permitiu a xeralización da distribución de software a través de internet, o que supuxo que moitos programadores non dependesen de grandes empresas para comercializar as súas creacións. Hoxe en día calquera que deseñe un programa pódeo facer chegar directamente, a través de internet, aos usuarios interesados a partir das súas propias páxinas web ou por medio de páxinas de distribución de software (como softonic ou uptodown).
Os programas informáticos (ao igual que os contidos multimedia vistos no punto anterior) están sometidos á lei de propiedade intelectual polo que para utilizalos debemos aceptar as licenzas que rixen o uso dese programa. Unha licenza é un contrato entre o desenvolvedor do programa e o usuario no que se establecen os dereitos e deberes de ambas partes. Existen numerosos tipos de licenzas de software, cada unha coas súas peculiaridades.
  • Software comercial: desenvolvido por unha empresa coa finalidade de obter beneficios económicos. O usuario adquire o programa e un número determinado de licenzas para empregalo en tantos equipos como desexe. Se o programa se descarga a través de internet poderá instalalo en tantos equipos como licenzas adquira (sen licenza, en moitos casos, non poderá executar o programa).
  • Software libre: software que unha vez adquirido (non teñen por que ser gratuítos) pode ser empregado, modificado (coñécese o seu código fonte) e copiado libremente para ser distribuido. Todo o software libre é de código aberto (open source) o que quere dicir que calquera usuario con coñecementos de programación pode ter acceso ó código de programación empregado é modificalo.
  • Software gratis ou Freeware: programas que se distribúen de maneira gratuíta. Non se achega o código fonte polo que non poden ser modificados.
  • Shareware: programas que se distribúen de forma gratuíta para que os usuarios poidan avalialo antes de mercalo. Este tipo de versións, na maior parte dos casos, non presenta todas as funcións finais do produto e só é válido durante un período de tempo limitado (normalmente menos de 30 días).

Actividades XV: Servizos de ocio

  • Busca a definición de copyright.
  • Busca información de cando expiran os dereitos de autor dunha canción en España.
  • Entra na páxina www.interius.com e investiga que tipo de creacións están protexidas polos dereitos de autor.Os contidos dunha páxina web están sempre protexidos polos dereitos de autor?
  • Pon un exemplo de software libre e software propietario instalados no teu ordenador.
  • Entra en softonic e busca un programa de retoque fotográfico con licenza shareware e outro con licenza freeware.
  • Busca información sobre o proxecto GNU e explica en que consiste.

2/6/09

Servizos de ocio

A popularización do acceso a internet e o aumento paulatino dos anchos de banda das conexións domésticas propiciaron que o negocio da distribución de contidos multimedia aumentase constantemente. Hoxe en día existen numerosas empresas distribuidoras de música, vídeos, televisión ou videoxogos encontraron un medio a través do cal vender os seus produtos de forma que o cliente paga por cada descarga que fai. O exemplo máis coñecido deste tipo de servicios é iTunes.
Un dos maiores problemas aos que se enfrenta este tipo de comercio é á piratería informática polo que se desenvolveron medidas anticopia ou sistemas que permitan acceder ó arquivo multimedia durante un periodo de tempo determinado (videoclub online no caso dos filmes) ou nun número limitado de reprodutores.
O problema da piratería é un tema recurrente polas industrias distribuidoras de música, filmes e as sociedades de autores polo que se reclaman constantemente unha lexislación inflexible con este tipo de actividades como xa aconteceu en Francia(ver noticia). Debido á impopularidade destas medidas, na actualidade búscanse fórmulas que preserven a propiedade intelectual e que non danen os dereitos dos internautas como o canon dixital.

Internet Tv

A televisión por internet consiste na emisión en directo de contidos televisivos mediante a tecnoloxía de streaming. Moitas das televisións que emiten en aberto permiten acceder a este tipo de servizos e incluso a videos dos seus arquivos históricos (este é o caso do arquivo de TVE)

IPTV

O servizo de IPTV é unha tecnoloxía de transmisión de vídeo e audio encapsulado en formato MPEG empregado polos proveedores de internet a través da banda ancha. Deste xeito podemos acceder a canles de televisión de pago.
Exemplos deste tipo de servizos son Orange TV ou Imagenio.

Radio por internet

A día de hoxe a maior parte das radios presentan na súa web aplicacións que permiten escoitar a súa emisión en directo (cuns segundos de desfase debido á codificación e transmisión). Esto permítenos poder escoitar calquera radio do mundo estemos onde estemos. Este tipo de servizos non require de anchos de banda grandes xa que o audio está comprimido (con escasa perda de calidade).

Xornais dixitais

Ao igual que as radios todos os xornais tradicionais presentan a súa edición online na que, na maioría, publican todos os artigos que aparecen na edición impresa. O éxito dos xornais dixitais e tal que en moitos casos empeza a cuestionarse a viabilidade futura dos xornais en papel (o que pode facer que as edicións impresas se encarezan debido ás escasa tiradas). Unha das maiores probas da relevancia que acadaron este tipo de xornais é a aparición de xornais dixitais que non presentan edición impresa.

Xogos online

Unha das industrias do ocio que está a experimentar un maior crecemento é a dos videoxogos. O impulso definitivo que fixo despegar este tipo de ocio foi a posibilidade de xogar a través de internet con videoxogadores de todo o mundo. Esta nova forma de ocio abriu novas perspectivas económicas á industria do videoxogo xa que ademáis de vender este tipo de produtos en algúns casos é preciso pagar unha cuota mensual para acceder ó xogo online.
O videoxogo online con maior repercusión mundial, por número de usuarios e volume de negocio xerado, é o World of Warcraft con máis de 10 millóns de usuarios en todo o mundo.


Redes P2P

As redes P2P son o "grande inimigo" da industria distribuidora de música, filmes e software, e, por ende, das sociedades de autores.
As redes P2P (Peer to peer) son redes que se establecen entre millóns de ordenadores conectados a internet na que todos os ordenadores actúan como clientes e servidores, de forma que todos os usuarios poden compartir os arquivos gardados no seu ordenador e ter acceso aos gardados noutros. Este tipo de redes permite compartir con calquera de forma gratuíta calquera tipo de arquivo polo que se pode atopar música, vídeos, programas de software, etc.
Para participar neste tipo de redes necesitamos instalar aplicacións especializadas que nos permitan conectarnos a elas. Os programas máis importantes para acceder a estas redes son: Emule, Ares, Azureus, BitTorrent.

1/6/09

Actividades XIV: Banca online

  • Algunhas entidades bancarias ofrecen os servizos MobiPay e "Comercio Electrónico Seguro". Investiga en que consisten.
  • Fai unha visita virtual á banca online do Banco Santander a través do seguinte enlace: Supernet. Elabora unha lista dos trámites que se poden realizar.
Envía as respostas ó correo do profesor.

Banca Online

Os trámites bancarios, ao igual que ocorre coa administración, supoñen invertir unha cantidade de tempo considerable en desprazamentos ata a nosa sucursal e en realizar diversas xestións. Esta situación agrávase no caso das pequenas empresas e autónomos que deben realizar este tipo de trámites a miúdo. Hoxe en día a maior parte das entidades bancarias dispoñen de páxinas web dende as que podemos acceder ás nosas contas e realizar calquer tipo de xestión. Este tipo de aplicación das TICs ó ámbito das finanzas é o que denominamos como banca online ou banca electrónica.

O acceso ós servizos de banca online depende da entidade bancaria. Para poder disfrutar destes debemos ter unha conta na entidade en cuestión e solicitar que nos den de alta nos mesmos. Normalmente, asignarannos un nome de usuario (pode ser o NIF, o número de conta ou outros) e un contrasinal. A partir dese momento xa poderemos acceder a diversas opcións como consultar as nosas contas, realizar transferencias, acceder a produtos bancarios como préstamos, etc.

Un dos maiores problemas ós que se enfrenta a banca online e garantir a seguridade dos seus usuarios polo que constantemente se incorporan novos sistemas de seguridade (algúns idénticos aos das tendas online) como sistemas de encriptación (contorno seguro SSL), confirmación das operacións mediante códigos que nos chegan vía sms ó móvil, a sinatura dixital (con DNIe, por exemplo), etc.

Tarxetas de prepago para a compra online

Un dos produtos máis destacados que ofrecen as entidades financieiras son as tarxetas prepago para efectuar compras por internet. O funcionamento destas tarxetas é moi simple: presentan os datos dunha tarxeta de crédito (número, data de caducidade, nome do titular, etc) pero funcionan como unha tarxeta prepago, de forma que o saldo da mesma sempre está a cero (aínda que se alguén coñeza os datos da nosa tarxeta non poderá mercar nada) ata que nos realizamos a carga do importe necesario para efectuar unha compra. Unha vez realizada a compra o saldo volve a quedar a cero de forma que ninguén pode obter un beneficio cos datos da nosa tarxeta. Este tipo de tarxetas están vinculadas a unha das nosas contas bancarias de forma que nos poidamos efectuar a carga/descarga da tarxeta dende un caixeiro ou dende casa (a través da banca online).


31/5/09

Actividades XIII: Tendas online

  • Busca tres páxinas web de tendas online adicadas á venda de compoñentes de ordenadores.
  • Realiza un informe de cada unha delas no que indiques: datos da empresa, métodos de pago aceptados, prazo de entrega e, si os ten, certificados de comercio seguro.
  • Compara o prezo de unha memoria USB Kingston de 16 Gb nas tres tendas.
  • Busca algún foro no que se comente o grao de satisfacción nas compras efectuadas en algunha das tres webs. Realiza unha captura de pantalla.
Envía os resultados da actividade ó e-mail do profesor nun documento de Openoffice.org Writer.

Comercio electrónico

A expansión das TIC na sociedade abriu unha nova vía comercial a través de internet que se materializa principalmente en dous tipos de actividades: o comercio electrónico e a banca online.
O comercio electrónico é o intercambio de produtos ou de servizos a través das tecnoloxías da información e a comunicación. De todas as actividades comerciais que engloba o comercio electrónico a máis popular é a compra por internet.
Aínda que o comercio electrónico é relativamente novo nos últimos anos está a experimentar un enorme crecemento. Como exeplo citar que durante o 2008 experimentou en España un aumento do 40% e que un 20% dos españois compran a través de internet.

Vantaxes que supón a compra online
  • Posibilidade de mercar produtos que non atopamos nas tendas próximas a onde vivimos.
  • Abaratamento do prezo debido á grande competencia existente no mercado online (e das tendas online coas físicas).
  • Posibilidade de comprar calquera día a calquera hora e de forma rápida e cómoda.
  • Máis facilidade á hora de comparar mercados.
Dende o punto de vista dos vendedores tamén existen moitas vantaxes:
  • Redución de custos (non se necesitan locais de atención o público nin tanto persoal).
  • Menos inversión para poñer en marcha un negocio e para publicitalo.
  • Redúcense os intermediarios entre o productor e o comprador.
  • As tendas online supoñen a posibilidade de chegar a miles de millóns de compradores polo que é unha alternativa/complemento á tenda física (moitas das tendas físicas teñen a súa tenda online para maximizar o número de clientes potenciais).
Desvantaxes das tendas online

A compra por internet presenta unha serie de desvantaxes relacionadas principalmete coa seguridade da compra e a confianza que transmiten aos compradores.
  • Se non coñecemos a identidade dos vendedores o noso grao de desconfianza aumentará. Cando a tenda online ten, tamén, tenda física, o feito de coñecer a tenda física aumenta a nosa confianza.
  • A forma de pagamento pode xerar dúbidas no comprador. O uso fraudulento que se pode facer dos nosos datos bancarios fai que certos métodos de pago xeren inseguridade.
  • Os prazos de entrega (entre 3-15 días normalmente) ás veces non son concretados polo vendedor ou incúmprense.
  • A garantía e o servizo postventa non sempre se indica con claridade. Este inconveniente pode ser maior si se realizan compras a tendas no estranxeiro.
  • Os compradores sóen ser reticentes a mercar un produto sen velo físicamente.
Métodos de pago en internet

A forma de realizar o pagamento é unha das características que maior desconfianza pode xerar no comprador. En primeiro lugar é fundamental coñecer as diferente formas de pagamento:
  • Contra reembolso. O comprador págalle á empresa encargada de realizar a entrega cando recibe o pedido.
  • Transferencia ou ingreso en conta. Previamente ó envío ingrésase o importe da compra nun número de conta do vendedor.
  • Tarxeta de crédito. O comprador debe facilitar os datos dunha tarxéta de crédito na que se cargará o importe. Existe unha alternativa que son as tarxetas de pago por internet emitidas polas entidades bancarias para facilitar o pago de forma segura (verémolas cando tratemos a banca online).
  • Entidades intermediarias. Son empresas que reciben o diñeiro do comprador e o fan chegar ó vendedor (previo cobro dunha pequena comisión a este último). A finalidade destas empresas e garantir a comprador e vendedor unha correcta transacción sen que o comprador lle teña que facilitar os datos bancarios a terceiros (o comprador crea unha conta neste tipo de empresas na que facilita os datos bancarios; cando vaia realizar unha compra nunha tenda onelin só ten que facilitar os seus datos da entidade intermediaria). A empresa intermediaria máis importante é PayPal (outras: clickandbuy, WorldPay, MoneyBookers, etc).

Consellos para comprar de forma segura
  • Antes de realizar un pedido localiza na páxina web información sobre a empresa xestora da tenda. Deben figurar os seguintes datos: nome ou razón social, dirección física da sede, teléfono e correo electrónico.
  • Busca en internet opinión doutros usuarios. Existen webs especializadas en opinión como ciao; outra fonte importante de información son os foros especializados. Lembra que non existe a tenda (nin física nin online) cun 100% de opinións favorables, pero no caso de que encontres moitas opinións (con coñecemento de causa) negativas, sospeita.
  • Asegúrate de que a web emprega sistemas de seguridade (pasarelas de pago, ferramentas de encriptación como VeriSign, etc) ou presentan certificacións de comercio seguro (confianzaonline, eurolabel, etc)
  • Elixe unha forma de pago que non implique riscos como contra reembolso ou mediante tarxeta especializada en compras por internet.



26/5/09

Actividades XII: Administración online

  • Busca tres tipos de trámites (que non sexan os citados no blog) que podamos resolver online co DNIe.
Unha das aplicacións das TIC máis estudadas polos gobernos de moitos países é a utilización da rede para realizar consultas electorais.
  • Busca información en internet sobre o voto por internet. Cal foi o primeiro país en utilizalo? Como se fixo? Que outras experiencias similares se realizaron? Cales son as vantaxes e os inconvenientes?
  • Ingresa na páxina do sergas e describe os pasos que deberías dar para solicitar unha cita de atención primaria por internet. Qué información tes que introducir?
  • Busca información sobre o proxecto CERES e explica en que consiste.
Envía os exercicios ó correo do profesor.

Administración Electrónica

Internet ofrécenos unha nova vía de comunicación coas administracións de xeito que podemos realizar moitos trámites e xestións directamente dende a nosa casa, aforrando tempo e desprazamentos. Cada día que pasa novos organismos ofrecen este tipo de servizos telemáticos aos cidadáns facilitando,por unha banda, as relacións coa administración e permitindo, por outra, desconxestionar as oficinas "físicas" de forma que os usuarios obteñan unha mellor atención.

O maior inconveniente ao que se enfrenta a administración á hora de incrementar os servizos online é a autentificación do usuario, de forma que non exista a posibilidade de usar fraudulentamente estes datos. Ata hai ben pouco a autentificación facíase únicamente introducindo os datos dun documento oficial (número do DNI, número da seguridade social, etc); na actualidade téndese a utilizar medios electrónicos que garantan que ninguén suplante a nosa identidade neste tipo de trámites.

A ferramenta elixida pola Administración Xeral do Estado para autentificar as xestións con organismos oficiais a través de internet foi o DNI electrónico (DNIe). O DNIe é un novo modelo de DNI que leva incorporado un chip no que se almacena información que identifica a cada cidadán de forma electrónica. Este novo documento é unha tarxeta de plástico na que figura impresa a información que tradicionalmente contiña o DNI e, a maiores, presenta integrado un circuito electrónico encargado do almacenamento e procesado de información. Dende o ano 2007 a toda persoa que acude a renovar o DNI se lle expide o novo documento electrónico (aos que non lle toque renovalo poden solicitar o DNIe nas oficinas da Policía Nacional).


O DNIe permite:
  • Acreditar electrónicamente a identidade dunha persoa.
  • Firmar dixitalmente documentos dixitais con plena validez xurídica (equivalente á firma manuscrita).
A medida que este documento electrónico se vaia implantando na sociedade (e nas administracións) poderémolo utilizar para:
  • Realizar todo tipo de trámites coa administración.
  • Facer transaccións bancarias e compras a través de internet de forma segura.
  • Acceso a edificios e instalacións nas que se requira a nosa identificación.
  • Etc.
Eu xa teño un DNIe, como o podo utilizar?

Unha vez que temos o DNIe (con microchip) para utilizalo necesitamos:
  • Solicitar un código PIN (este código pode solicitarse nas oficinas nas que se expide o DNIe)
  • Un ordenador persoal con conexión a internet (algúns caixeiros de bancos tamén permiten operar co DNIe)
  • Un lector de tarxetas intelixentes (smartcards) que cumpla co estándar ISO-7816 (coma as que teñen incorporadas os teclados dos ordenadores da aula de informática ou lectores de tarxetas intelixentes USB que venden en moitas tendas de informática [véxase como exemplo aquí]
  • Software axeitado para xestionar o DNIe (podémolo descargar aquí)


A día de hoxe, que trámites podo realizar co meu DNIe?


Cada vez son máis as xestións que se poden facer online empregando o DNIe como solicitar que che envíen as notificacións das multas de tráfico ao teu email, solicitar unha prestación por desemprego no INEM, reclamar unha indemnización, etc.

Para obter máis información sobre o DNIe e os servizos ós que podemos acceder utilizándoo visita a web www.dnielectronico.es.

Todos os trámites coa administración precisan do DNIe?

Non. É moi probable que moitos de vós solicitásedes algunha vez cita para o médico de cabeceira a través de internet ou que os vosos pais solicitasen o borrador da declaración de facenda vía web. Para realizar estes e moitos outros trámites non é necesario utilizar o DNIe senón que basta co número do DNI, da seguridade social ou outros datos para ter acceso. Esta situación mantense así porque moitos cidadáns aínda non dispoñen do DNIe (a súa implantación é relativamente recente) ou ben porque son trámites que non entrañan demasiado risco en casode suplantación de identidade. Esto non quita para que nuns anos a maior parte dos trámites (entrañen risco ou non) requiran a utilización do DNIe.


24/5/09

Actividades XI: Procura de emprego na web

  • Date de alta en Infojobs creando o teu propio perfil (deseña previamente o teu currículum). Mantén o teu perfíl unha semana e fai un listado das ofertas recibidas. Cando remate a semana date de baixa e envía ao correo do profesor un resumo das ofertas que recibiches e unha copia do teu currículum.
  • Le a seguinte noticia publicada no xornal El Mundo. Contesta as seguintes preguntas e envía as respostas ó correo do profesor: ¿Que alternativa propoón o artigo aos portais de emprego? ¿como funcionan?
  • Entra en LikedIn e busca información dos servicios que presta esta web. Envía os resultados das túas averiguacións ó correo do profesor.

Procura de emprego online

Unha das actividades máis útiles que ofrecen as novas tecnoloxías, especialmente nos tempos que corren, é a busca de traballo a través de internet. Está posibilidade permite a calquera persoa acceder a infinidade de ofertas laborais, xa sexa debido a que se encontra sen traballo ou a que quere cambiar de emprego.
Existen numerosas páxinas adicadas á oferta de emprego por internet que constitúen unha ferramenta complementaria (e moitas veces máis eficaz) que o INEM (cuxa web comentaremos próximamente). A este tipo de páxinas acuden os empregadores na procura de persoal e os traballadores buscando un posto de traballo que se adapte ás súas necesidades. Grazas a este tipo de páxinas benefícianse ambos, o que ofrece o emprego e o demandante:

Os empregadores:
  • Xa que o abanico de candidatos nestas web é moi amplo (centos de miles de usuarios).
  • Permítelles aforrar tempo e cartos en procesos de selección xa que estas páxinas almacenan a información dos candidatos en bases de datos que facilitan a busca dun perfil determinadado.
Os traballadores:
  • Poden seleccionar o tipo de ofertas de traballo nas que están interesados, de forma que se lles avisará a medida que vaian aparecendo.
  • Cando sae unha oferta que se axusta ás demandas do traballador a páxina web envía o currículo á empresa ofertante.
  • Os procesos axilízanse enormemente.
Como exemplo de portais de emprego en España cabería destacar: Infojobs, Laboris, Infoempleo, etc.

20/5/09

Pizarra dixital interactiva

A pizarra dixital interactiva (PDi) e unha ferramenta informática que permite utilizar unha pantalla de proxección dun videoproxector de forma interactiva, de modo que podemos actuar directamente sobre a imaxe proxectada mediante un lápiz eléctrónico (ou cos dedos se se trata dunha pizarra dixital táctil). Simplificando, a pizarra dixital permitiríanos utilizar a superficie de proxección de forma análoga á pantalla táctil dun ordenador.
Non debemos confundir a pizarra dixital coa pizarra dixital interactiva. Chamamos pizarra dixital á proxección dun canón de vídeo conectado a un ordenador sobre a que interactuamos á distacia por medio dun rato ou dun punteiro. A pizarra dixital interactiva supón actuar físicamente sobre a imaxe proxectada.

A maioría das PDi constan de:
  • Ordenador
  • Canón de vídeo
  • Pizarra con dispositivo de control do punteiro (tamén pode ser unha pizarra normal blanca sobre a que se coloca un periférico de control do punteiro). Este dispositivo permite enviar información ó ordenador da nosa interacción sobre a pantalla.
  • Software de control da PDi.
As PDi están chamadas a ser o dispositivo estrela das TIC aplicadas ao ensino nos vindeiros anos. Este tipo de dispositivos permitirá a alumnos e profesores traballar sobre material audiovisual almacenado no ordenador. Para poder sacar o máximo partido a esta ferramenta é necesario dispoñer dunha conexión de banda ancha para sacar o máximo rendemento dos contidos publicados en internet.





18/5/09

Actividades X: Aprendizaxe online

  • Averigua o significado das siglas MOODLE e localiza o sitio oficial desta plataforma de e-learning.
  • Accede a páxina web Ticformación.com, rexístrate e accede o curso gratis impress 2.0. Navega pola páxina principal do curso e describe brevemente como sería o desenvolvemento do curso (Fai unha captura da páxina de inicio do curso e explica os diferentes elementos que se atopan na mesma)
Escribe as respostas nun documento de openoffice writer e envíaas ó correo do profesor.

Ensino online

Unha das grandes aplicacións da web é a formación a distancia (e-learning), de forma que os cursos que ata agora se realizaban únicamente de forma presencial atoparon en internet un complemento e unha nova forma de realizarse.

Unha das aplicacións máis atractivas da aprendizaxe online son as aulas virtuais; webs nas que unha vez rexistrados accedemos a un espazo onde se publican os contidos e actividades que debemos realizar. As actividades que se nos propoñen están programadas para que se entreguen nunha data límite, de forma que nos podemos organizar a nosa maneira para realizalas cando dispoñamos de tempo libre. Nas aulas virtuais asígnasenos un titor co que podemos contactar vía e-mail ou a través da mensaxería instantánea; ademáis é normal que exista un foro asociado onde podemos compartir as nosas experiencias e dúbidas co resto de alumnos e co titor. A avaliación pode ser realizada polo titor ou ben mediante cuestionarios online (nos que obtemos automáticamente a puntuación ó rematar o cuestionario).

Realizar unha aula virtual é un proceso relativamente sinxelo xa que existen aplicacións que, sen coñecementos de programación, nos permiten crear contornos de aprendizaxe nos que os alumnos realizan as tarefas encomendadas polos seus profesores, corrixen os exercicios e realizan probas de autoavaliación. O sistema que máis pulo está a alcanzar na actualidade é Moodle.


Ademáis das aulas virtuais existen webs que ofrecen material educativo de acceso libre, por exemplo a web dependente do ministerio de educación: Isftic (Instituto superior de formación y recursos en red para el profesorado), ou a dependente da consellería de educación: Contidos educativos.

Influenza das TIC na sociedade

A incorporación das TIC a nosa actividade cotiá permitiu o desenvolvemento dunha serie de aplicacións e utilidades que nos facilitan enormemente o traballo e nos permiten un acceso a determinados servizos de xeito rápido e cómodo. Hoxe en día internet non se limita a un recurso para buscar información ou comunicarse, senon que é unha ferramenta que podemos utilizar para difundir o noso traballo, buscar emprego, aprender, realizar trámites coa administración, etc.

Na sociedade actual, non só se reforzou o papel de ferramenta de intercambio e difusión da información co que naceu internet hai 30 anos senón que se incorporaron novas aplicacións froito da popularización do acceso a internet e da alfabetización dixital da sociedade. Así, algunhas actividades nas que se poñen de manifesto estas novas características de internet son:
  • Na educación. O ensino online permite a formación en calquera lugar e en calquera momento. Ademáis, as ferramentas interactivas permiten a posta en práctica dos coñecementos adquiridos e facilitan a autoavaliación polo que supoñen un complemento á formación presencial. Un exemplo de formación a distacia son as aulas virtuais nas que as dinámica da aprendizaxe non difiren das modalidades tradicionais xa que se mantén a figura do titor e dos compañeiros de curso aínda que de forma virtual (non se coincide nun lugar físico senón nun entorno virtual).
  • No traballo. A aplicación das TIC ó mundo laboral é un feito incuestionable que se pon de manifesto cando analizamos o nivel de implantación das tecnoloxías informáticas en calquer tipo de traballo. Hoxe en día é necesario un certo dominio das aplicacións informáticas para optar a moitos traballos, o que supón que a brecha dixital é un factor que pode limitar o acceso dun cidadá ó mundo laboral. Internet, ademáis, convertiuse nos últimos tempos nunha das opcións mási efectivas á hora de buscar un traballo xa que, a través de numerosas webs de empleo, se convertiu no "punto de encontro" entre os empregadores e os traballadores desempregados. Tamén, aínda que polo de agora de forma minoritaria, internet propiciou un nova modalidade de emprego: o teletraballador; aquel que realiza parte do seu traballo dende a súa casa a través da rede.
  • Nas xestións administrativas. Moitas das xestións coa administración que todo cidadán debía realizar de forma habitual, e que lle supoñían tempos de espera e desprazamentos, realízanse hoxe en día de forma rápida e sinxela a través de internet; por exemplo, pago de impostos, peticións de certificados, citas, etc.
  • Comercio electrónico e banca online. Unha das actividades que está a cobrar un maior auxe nos últimos tempos é o comercio electrónico xa que posibilita o acceso a todo tipo de produtos dende a casa, podendo comparar prezos e buscando os artigos que máis se axusten ás nosas necesidades.
  • Novos hábitos sociais e de ocio. Internet abre un enorme abanico de posibilidades que está a cambiar as formas de relacionarse e de ocio. Os anchos de banda cada vez maiores posibilitan o acceso a novas formas de entretemento como o vídeo baixo demanda, acceso a emisións de televisión e radio a través de internet ou os videoxogos online.
Estas novas posibilidades que nos brindan as TIC conlevan a aparición de novos perigos que debemos coñecer e estar preparados para afrontalos; así, en ocasións podemos atoparnos con webs nas que se publica información falsa ou imprecisa, webs fraudulentas que teñan como finalidade o roubo de datos persoais, actividades delictivas na rede como estafas e suplantación da identidade, etc.

Ó longo deste último tema trataremos pormenorizadamente os puntos descritos anteriormente así como os perigos que podemos atopar navegando por internet.

11/5/09

Editores WYSIWYG

WYSIWYG, esta singular palabra emprégase para designar os editores de páxinas web que nos permiten a creación destas utilizando un entorno gráfico. WYSIWYG é o acrónimo de "What You See Is What You Get" ou sexa "O que ves é o que obtés". Este tipo de programas encárganse de "traducir" os elementos que deseñamos para a nosa páxina a linguaxe HTML, polo que o resultado é un arquivo html que podemos subir directamente ó noso servidor.

Entre os principais editores WYSIWYG podemos destacar os comerciais: FrontPage (Microsoft) e Dreamweaver (Adobe Macromedia); e os de software libre: NVU (Mozilla) e Kompozer (evolución do anterior).

Como exemplo de páxina deseñada con Kompozer creei a seguinte infocanido.iespana.es, na que podedes atopar o link para descargar o programa e unha serie de pautas para comezar a utilizalo.

6/5/09

Editar vídeos en Youtube

A máis importante web de publicación de vídeos permítenos editar os vídeos que subimos de forma sinxela mediante unha ferramenta presente na propia web. Utilizando esta aplicación podemos remarcar unha zona concreta, introducir anotacións e subtítulos e insertar un vínculo dentro do propio vídeo (desta maneira logramos crear vídeos interactivos..

Pincha aquí para ver un exemplo práctico do que podemos facer co editor de youtube

No seguinte vídeo explícase como utilizar esta ferramenta:



4/5/09

Actividade IX: Edición e publicación de vídeos

  • Descarga (formato wmv) utilizando o aTube catcher un vídeo de youtube que encaixe coa temática do teu blog.
  • Edita o vídeo no teu ordenador (recorta a parte que non che interese, engádelle música e algún título).
  • Sube o vídeo que acabas de crear a youtube.
  • Inserta o vídeo modificado no teu blog dende youtube e crea un enlace ao vídeo orixinal.

Crea a túa web

A creación dunha páxina web require normalmente de coñecementos de linguaxes de programación (fundamentalmente Html, php, java, etc), programas de edición web ou ben aplicacións xestoras de contidos.
Todas estas ferramentas poden resultar moi complicadas para un usuario típico de internet. Para os usuarios que non dominen este tipo de aplicacións existen páxinas web que nos van a permitir crear fácilmente unha web simple pero que cumple cos requerimentos daqueles usuarios que pretenden iniciarse na edición web.
Un dos aspectos máis importantes da utilización deste tipo de webs (xunto coa simplicidade das mesmas) é que non temos que rexistrar ningún dominio ni alugar ningún servidor polo que a nosa web sae totalmente gratis. O gran inconveniente e que as páxinas son bastante lentas e temos un espazo para subir arquivos moi limitado (normalmente en torno a 1 GB)
Estas páxinas funcionan mediante unha serie de menús de forma similar ás de creación de blogues (como blogger), aínda que ás veces poden non resultar tan intuitivas como estas últimas.
Existen numerosas páxinas que nos permiten crear a nosa propia web de forma sinxela, entre outras: creatupropiaweb, pimpamweb ,páginawebgratis, etc
Unha vez rexistrados nalgunha destas webs só temos que seguir os pasos indicados para comezar a deseñar a nosa propia páxina. Básicamente, tras elixir a plantilla, deberemos, mediante un editor, indicar o texto e imaxes que aparecen na páxina de inicio. Posteriormente introduciremos ou modificaremos as distintas subpáxinas da nosa web de forma similar a como fixemos na páxna de inicio.

Empregando a última das webs citadas creei, a modo de exemplo, a seguinte web: ticsdoiescanido.es.tl.



3/5/09

Os foros

Antes de que se empezase a falar da web 2.0 como aquela web na que ademáis de participar como receptores da información o fixésemos como emisores, existían xa numerosas webs que se empregaban como espazos nos que buscar e compartir coñecementos ou inquietudes, estamos a falar dos foros.

O foro (foro de opinión; foro de discusión) é unha aplicación web, xeralmente asociada a unha páxina web, cuxa finalidade é crear un espazo de debate sobre temas relacionados coa páxina web en cuestión. Hoxe en día existen numerosas páxinas web nas que o foro é o elemento central da web e non un mero recurso adicional.

Os foros poden xirar en torno a calquera temática, así podemos encontrar na web centos de miles de foros sobre os temas máis variopintos.

Na actualidade, a pesar do auxe dos blogues e das redes sociais, os foros seguen a ser webs nas que podemos atopar información moi interesante e contrastada xa que xurde da participación de decenas, centos ou miles de usuarios (dependendo da importancia do foro). De todas formas non hai que olvidar que o que se publica nun foro parte das experiencias, coñecementos ou inquietudes de usuarios anónimos e polo tanto soamente se debe considerar a modo de orientación subxectiva.
Como funciona un foro

Os foros están compostos por unha serie de subforos nos que se arquivan fíos de discusión por categorías. Cada subforo vai a ter unha temática concreta que debe ser definida inicialmente por un administrador. Dentro dun subforo os usuario poden abrir novos temas que garde relación co definido polo administrador ou ben participar nos temas abertos por outros usuarios.
Normalmente podemos acceder a todos os subforos e fíos dun foro e leer os posts (mensaxes) publicados, pero, para participar nun foro (na maoir parte dos casos), é necesario rexistrarse previamente. Unha vez rexistrados poderemos escribir un comentario en calquera dos fíos abertos ou propoñer un tema novo (fío) no subforo axeitado.

Os usuarios dos foros clasifícanse xerárquicamente en función dos permisos que teñen para intervir ou modificar o funcionamento do foro; existen tres tipos básicos de usuarios:
  • O administrador ou admin: é un tipo de usuario que pode modificar a estructura do foro, crear novos subforos e modificar os permisos do resto de usuarios.
  • O moderador: é un usuario que pode modificar as mensaxes publicadas por outros usuarios ou mesmo borralas e vetar (banear ou bann) a un usuario concreto, impedíndolle o acceso ao foro durante un periodo de tempo ou indefinidamente. A función do moderador e velar polo cumplimento das normas do foro.
  • O usuario: participantes rexistrados do blog que poden abrir novos temas de debate e participar nos xa abertos.
Terminoloxía relacionada cos foros

  • Login: autentificación dun usuario rexistrado para acceder ao foro. O usuario debe introducir o seu nome de usuario e contrasinal.
  • Post: anglicismo para referirse as mensaxes publicadas nun foro.
  • Fío: conxunto de respostas dos distintos usuarios nun tema aberto.
Normas para a utilización correcta dun foro
  • Ao acceder por primeira vez debemos presentarnos.
  • Nunca debemos escribir en maiúsculas, xa que significa que estamos gritando.
  • Non debemos utilizar insultos nin descalificacións.
  • Debemos leer os foros antes de crear novos fíos para evitar repetir temas.
Creación de foros

Os foro créanse mediante linguaxe de programación (ao igual que as páxinas web) ou con programas xestores de contidos. Deste xeito conseguimos crear foros a medida das nosas necesidades. Outra forma máis sinxela de crear os nosos foros é mediante webs que nos permiten crear de forma sinxela e gratuíta o noso propio foro; por exemplo: www.foroactivo.com ou www.forogratis.es.



Actividade VIII: Rexistro nun foro

  • Accede ao foro www.tic.forogratis.es (creado polo profesor para o desenvolvemento do curso) e rexístrate como usuario.
  • Preséntate no foro e crea un fío no subforo "Os nosos blogues" no que expliques a temática do teu blog de clase.
  • Participa nos fíos dos teus compañeiros sobre os seus blogues (mínimo unha particiación).
  • Busca na internet un foro cunha temática similar á do teu blog e crea, a continuación, unha entrada no teu blog na que comentes o foro que atopaches (introduce, ademáis, un enlace ao mesmo).

28/4/09

Contador de visitas

Como algúns de vós me preguntástedes como insertar un contador de visitas no blog, vouvos a indicar unha web que permite insertar directamente este gadget:


Esta web permite insertar o contador introducindo únicamente a URL do noso blog e o valor inicial que queremos. Tras realizar este paso se pinchamos no botón "agregar a blogger" levaranos directamente ao noso blog (se temos a sesión iniciada) para insertar o gadget.

Outro tipo de webs similares xeran, despoi de rexistrarnos, o código HTML correspondente ao contador. O único que teríamos que facer é insertar un gadget HTML/Java e pegar o código xerado.

27/4/09

Retoque fotográfico profesional

Unha grande parte das fotografías que observamos nas revistas, carteis publicitarios ou mesmo páxinas web son imaxes modificadas mediante programas de retoque fotográfico como o Photoshop ou o Gimp. Estes programas, como sabedes, permítennos facer fotomontaxes, eliminar pequenos defectos ou retocar a luminosidade para ensalzar unha parte concreta da fotografía.
As webs Glenn Feron e Greg Apodaca permítenos observar unha mostra de retoque fotográfico profesional neste campo. Se lle botamos un vistazo as imaxes publicadas nestas webs (sección portfolio) observamos as imaxes retocadas; cando pasamos o cursor por enriba das imaxes móstrase a imaxe orixinal.



















Outros deseñadores gráficos crean fotomontaxes moito máis chamativos para tentar acadar o maior impacto posible no espectador; este tipo de traballos están orientados, fundamentalmente, á publicidade e, nalgúns casos, poden considerarse verdadeiras obras de arte. Entre os deseñadores máis famosos cabe destacar, entre outros, a:

  • Cristophe Huet. Na web deste deseñador podemos ver paso a paso o "making off" de algúns dos seus traballos.
  • Jean-Yves Lemoigne. Traballa fundamentalmente como fotógrafo publicitario. Entre os seus clientes destacar marcas como: Audi, Citroen, Volkswagen, Orange, etc.
  • Joan Charmant. A súa páxina permítenos ver as fotografías que empregou nos fotomontaxes.

26/4/09

Actividade VII: Presentacións fotográficas

  • Rexístrate en Slide e crea unha presentación fotográfica que introducirás no teu blog como unha nova entrada (segue os pasos indicados na propia web para a publicación en blogger).
  • Emprega a utilidade SkinFlix de Slide para insertar un vídeo na túa web cun skin modificado.
  • Accede a túa conta de Picasa e crea un álbum novo cunha selección de fotos feitas por ti.
  • Engade ao teu blog o gadget Presentaciones. Escolle a opción Álbum e indica o teu nome de usuario e o álbum que creaches.

20/4/09

Presentacións fotográficas diferentes

Ata o de agora tiñamos falado dun par de webs que nos permitían publicar as nosas fotografías na web a modo de álbum fotográfico, estamos a falar de Flickr e Picasaweb. Hoxe imos a ver unha forma alternativa de publicar as nosas fotografías, trátase de Slide.


Utilizar Slide é moi fácil, dende a forma de rexistrarse ata o modo de subir imaxes ou a creación dun álbum son procesos moi intuitivos nos que non atoparemos ningunha dificultade. Outro dos procesos que está explicado paso a paso na web é a maneira de incrustar os nosos álbums en diferentes webs (blogger, my space, facebook, etc)

Para rematar publico un álbum creado en slide a modo de exemplo.



Outra das utilidades que nos ofrece Slide é a de modificar o skin dos vídeos de Youtube publicados no noso blog, páxina web, etc. Esta ferramenta denomínase SkinFlix.

Velaquí un exemplo:

7/1/09

Redes sociais

O termo redes sociais aplicado á internet refírese a sitios web nos que os usuarios envían mensaxes ós membros do seu contorno social invitándoos a unirse o sitio web en cuestión. Estas webs permiten sistemas de mensaxería entre os seus usuarios, a publicación de fotos, vídeos, blogs, crear grupos de persoas con intereses comúns... etc, permitíndonos, así, manter o contacto con amigos ou, dado que son sistemas abertos, coñecer a novas persoas.

As redes sociais permítennos publicar o noso perfil (datos, afeccións, intereses...) de forma que, a través do buscador interno do sitio, outros usuarios poidan contactar con nós.

Entre as redes sociais máis populares na internet cabería destacar, a nivel mundial, Facebook e MySpace, e tuenti, a nivel español.





Actividades VI: As redes sociais

  • As redes sociais como Facebook, MySpace ou Twitter están a ter unha grande repercusión na sociedade actual. Busca novas nos xornais dixitais que poñan de manifesto tal repercusión.
  • Fai unha entrada no teu blog comentando a noticia que máis che chamou a atención e crea un link á mesma.
  • Crea unha conta en facebook e agrega como amigos ós teus compañeiros de clase.

17/12/08

Google Maps

Google Maps é unha ferramenta web de xeolocalización e xeorreferenciación, é dicir, permite localizar nun mapa dixital diferentes localizacións. Permítenos traballar con mapas esquemáticos ou ben con imaxes dixitais tomadas por satélite.

Utilizar Google Maps é moi sinxelo, basta con indicar na barra do buscador a dirección ou localidade que queremos atopar.

Unha das posibilidades de Google Maps é a creación de mapas personalizados engadindo fotos e vídeos e publicalos na web. A elaboración dos mapas ven indicada no seguinte videotutorial:

Aplicacións en liña

As aplicacións en liña son programas que se executan e utilizan nos sitios webs no que están aloxadas sen ter que instalalas no noso ordenador (nalgúns casos requiren a istalación de algúns arquivos antes de comezar a utilizalas).

Vantaxes deste tipo de aplicacións:

  • Non hai que instalalas no ordenador polo que aforramos espazo no disco duro.
  • Permiten almacenar os documentos xerados na internet, permitindo acceder a éstos dende calquera ordenador con acceso a internet sen ter que carrexar dispositivos de almacenamento.
  • Permiten a elaboración colaborativa de documentos; é dicir, varias persoas situadas en distintos puntos do planeta poderían elaborar conxuntamente un documento.
  • Posibilitan a publicación dos nosos documentos. Podemos permitir que calquera persoa (ou ben únicamente un grupo de persoas seleccionado por nós) poda ver (ou incluso editar) os nosos documentos.

Inconvenientes:

  • É preciso dispoñer de conexión a internet.

As aplicacións en liña que máis éxito están a ter son as suites ofimáticas, que nos permiten crear documentos de texto, follas de cálculo e presentacións. Entre este tipo de aplicacións destaca Google Docs.

Dende o eido da educación existen varias propostas de aplicacións en liña que pouco a pouco están a cobrar unha grande relevancia. Nos falaremos de dúas: as aplicacións JClic e o programa Descartes.

Google Docs

Google Docs é unha aplicación ofimática que nos vai a permitir crear, editar e publicar documentos ofimáticos de tres tipos: arquivos de texto, folas de cálculo e presentacións.

Entre as posibilidades de Google Docs cabe destacar:

  • Ccrear dende cero os documentos anteriormente citados.
  • Subir documentos deste tipo (publicalos) creados en Microsoft Office e Openoffice.
  • Elaboración colaborativa de documentos.
  • Publicación dos documentos para que estén dispoñibles para todo o mundo ou para os teus amigos.
  • Almacenar online os documentos, facilitando o acceso ós mesmos en calquera momento e en calquera parte.
  • Publicar no teu blog ou páxina web os documentos que creaches ti ou outros usuarios.

Aplicacións Jclic

Jclic son aplicacións de software libre que permite crear e utilizar actividades educativas multimedia

Zona clic é unha das páxinas adicadas á creación e publicación destas actividades. Para que te fagas unha idea de en que consisten estas actividades educativas bótalle un ollo a algunha das publicadas nesta web na biblioteca de actividades (recomendo a actividade chamada "Un passeig pel JClic". Fai click en "verlo (applet)" na versión en español).

Descartes

Descartes é un proxecto promovido polo Ministerio de Educación y Ciencia, coa intención de promover a aprendizaxe das matemáticas integrando as Tecnoloxías da Información e da Comunicación.

8/12/08

Publicación de fotografías

Existen numerosas webs que nos van a permitir publicar as nosas fotografías na internet, crear etiquetas e agrupalas en álbums. Ademáis podemos utilizar estes servizos como un álbum persoal ou ben permitir que outros usuarios podan acceder ós nosos álbums e consultar as fotos que gardamos.

Entre as webs que podemos utilizar para publicar fotos imos a centrarnos en dúas: Flickr e Picasa. Ámbalas dúas van a permitir a introdución de comentarios das fotos publicadas.

Flickr

Flickr é, probablemente, o sitio web máis popular na publicación de fotografías online. Emprégase para almacenar fotos, podendo ordenar ditas fotos, etiquetalas e compartilas con calquer usuario da web. Para poder crear unha conta en Flickr é preciso ter unha conta de correo de Yahoo, pero calquera usuario (aínda que non teña unha conta en Flickr) que visite a páxina pode acceder ás fotos publicadas na web.

Picasa

As posibilidades de Picasa en canto a publicación de fotografías son moi similares ás de Flickr, pero a primeira conta cun número moito menor de usuarios, polo que a cantidade de fotografías publicadas é menor. Presenta unha vantaxe con respecto a Flickr, e é que podemos crear unha conta con calquera tipo de conta de correo, polo que non necesitaremos crear unha conta nova (si é que non a temos) en Yahoo.

Outra característica importante (polo menos para nós) de Picasa e que ó crear unha conta coa mesma dirección de correo coa que creamos o noso blog, automáticamente teremos tódalas fotos do noso blog á nosa disposición en Picasa.

Actividades V: Publicación de fotografías

  • Crea unha conta de usuario en Picasa empregando a conta de correo de Gmail.
  • Busca fotografías de Ferrol en Picasa e en Flickr e garda as que mási che gusten no teu ordenador.
  • Publica unha entrada no teu blog e inserta unha das fotos anteriores de Flickr e outra de Picasa. Non esquezas indicar na túa entrada de onde sacaches a foto e o nome do autor.
  • Sube, cando che sexa posible, algunha foto que fixeras tí o teu album de Picasa.

1/12/08

Buscadores e Metabuscadores

Na actualidade, internet estase a converter no medio máis empregado na busca de información; esta utilidade da "rede de redes" ven dada pola facilidade de busca e polo aumento constante de sitios web e da súa diversidade temática (existen miles de millóns de páxinas web e ofrecen contidos tan diversos que é case imposible imaxinar algún tema do que non podamos atopar información nalgunha destas páxinas).

Buscar unha información concreta entre millóns de webs sería unha labor inútil de non existir un tipo de webs especializadas no rastrexo da internet, estas webs son os buscadores e metabuscadores.

Os buscadores son páxinas web que albergan unha aplicación informática que permite a busca de unha ou varias palabras clave na internet, amosando os resultados como unha listaxe das webs que mencionan temas relacionados coas palabras buscadas. Os sistemas empregados para a busca de información varía duns buscadores a outros e, polo tanto, os resultados obtidos tamén son diferentes.

Un dos buscadores máis empregados na actualidade é Google que, como moitos outros, amosa os resultados da busca por orde de importancia na internet; pero... como determina o buscador que unha páxina é máis importante que outra? A resposta non é simple; os buscadores empregan unha serie de algoritmos que permiten facer unha listaxe das webs relacionadas coa busca en función de distintas variables: a afinidade coa mesma (número de veces que aparece a palabra buscada na web), a relevancia que as páxinas web teñen na internet (en función do número de veces que son citadas por outras páxinas, en función du número de links que redirixen a esa páxina), a calidade dos contidos, etc.

O buscador Google é un dos máis potentes e coñecidos e, ademais, vainos permitir a busca de imaxes, vídeos e de novas na web.

Un buscador será máis eficaz cando os resultados que mostra se axustan máis ós intereses da persoa que está a buscar.

Outros buscadores moi empregados son Yahoo e Live Search.



A utilización dos buscadores é moi sinxela, só tes que introducir unha palabra clave que defina a túa busca. Se introduces dúas ou máis palabras o buscador amosará unha lista con webs nas que aparezan esta combinación de palabras. Se o que queres é buscar unha frase concreta debes delimitar a frase a buscar mediante comiñas; por exemplo: "informática no IES Canido".

Os Metabuscadores

Os metabuscadores son ferramentas que realizan a busca solicitada noutros buscadores, é dicir son "buscadores de buscadores". A lista de resultados que mostra sería unha recopilación das que se obterían individualmente en cada buscador que emprega.

Un exemplo de metabuscador é Dogpile, que emprega, entre outros, os buscadores: Google, Yahoo e Live Search.

23/11/08

Os Wikis

O termo wiki fai referencia a páxinas web elaboradas por múltiples usuarios (webs colaborativas), nas que calquera persoa pode participar visitando, creando, modificando ou eliminando os artigos publicados. Son un exemplo da web 2.0 elevado ó seu máximo expoñente.

Unha das maiores vantaxes dos wikis supón, tamén, o maior dos seus inconvenientes: permite crear colectivamente documentos, e publicalos, sen que previamente se realice unha validación do contido. Este feito require a existencia de sistemas de control que garantan a veracidade do publicado.

O exemplo máis coñecido de wiki é a Wikipedia (é o wiki con maior impacto na internet), que se define como unha enciclopedia libre e plurilingüe baseada na colaboración dos seus contribuíntes por medio da tecnoloxía wiki. Entre outras wikis menos coñecidas, podemos citar Wikcionario (diccionarios en distintas linguas creados e editados por internautas), Wikilibros (colección de libros de texto de contido libre), Wikilengua (wiki para resolver dúbidas do uso do castelán), etc.

Existen diferentes páxinas web que nos permiten a posibilidade de crear un wiki personalizado, por exemplo : wikispaces e wikia.

A Wikipedia

A wikipedia é unha enciclopedia de contido libre que todos poden editar, posibilitando unha actualización permanente e o incremento constante da cantidade de artigos.



A wikipedia presenta versións en diferentes linguas, entre os que está versión en galego: a Galipedia. O número de artigos das diferentes versións é moi diferente, xa que non se fai unha tradución automática dun idioma a outro, senón que se trata de artigos diferentes, publicados normalmente por distintas persoas.

En moitas ocasións os artigos poden presentar datos incorrectos (introducidos deliberadamente ou non), opinións persoais (non permitidas), incoherencias, erros na forma do artigo (libro de estilo)... etc, polo que existen unha serie de usuarios, denominados administradores, que velan polo correcto uso da wikipedia, podendo eliminar os artigos publicados e bloquear a conta dun usuario concreto.

Existen unha serie de normas que garanten o correcto funcionamento da wikipedia, os cinco piares fundamentais destas normas son:

  • A wikipedia é unha enciclopedia.
  • A wikipedia procura o punto de vista neutral.
  • A wikipedia é unha enciclopedia de contido libre.
  • A wikipedia posúe unhas normas de conduta.
  • A wikipedia non ten regras fixas.