
O comercio electrónico é o intercambio de produtos ou de servizos a través das tecnoloxías da información e a comunicación. De todas as actividades comerciais que engloba o comercio electrónico a máis popular é a compra por internet.
Aínda que o comercio electrónico é relativamente novo nos últimos anos está a experimentar un enorme crecemento. Como exeplo citar que durante o 2008 experimentou en España un aumento do 40% e que un 20% dos españois compran a través de internet.
Aínda que o comercio electrónico é relativamente novo nos últimos anos está a experimentar un enorme crecemento. Como exeplo citar que durante o 2008 experimentou en España un aumento do 40% e que un 20% dos españois compran a través de internet.
Vantaxes que supón a compra online
- Posibilidade de mercar produtos que non atopamos nas tendas próximas a onde vivimos.
- Abaratamento do prezo debido á grande competencia existente no mercado online (e das tendas online coas físicas).
- Posibilidade de comprar calquera día a calquera hora e de forma rápida e cómoda.
- Máis facilidade á hora de comparar mercados.
- Redución de custos (non se necesitan locais de atención o público nin tanto persoal).
- Menos inversión para poñer en marcha un negocio e para publicitalo.
- Redúcense os intermediarios entre o productor e o comprador.
- As tendas online supoñen a posibilidade de chegar a miles de millóns de compradores polo que é unha alternativa/complemento á tenda física (moitas das tendas físicas teñen a súa tenda online para maximizar o número de clientes potenciais).
A compra por internet presenta unha serie de desvantaxes relacionadas principalmete coa seguridade da compra e a confianza que transmiten aos compradores.
- Se non coñecemos a identidade dos vendedores o noso grao de desconfianza aumentará. Cando a tenda online ten, tamén, tenda física, o feito de coñecer a tenda física aumenta a nosa confianza.
- A forma de pagamento pode xerar dúbidas no comprador. O uso fraudulento que se pode facer dos nosos datos bancarios fai que certos métodos de pago xeren inseguridade.
- Os prazos de entrega (entre 3-15 días normalmente) ás veces non son concretados polo vendedor ou incúmprense.
- A garantía e o servizo postventa non sempre se indica con claridade. Este inconveniente pode ser maior si se realizan compras a tendas no estranxeiro.
- Os compradores sóen ser reticentes a mercar un produto sen velo físicamente.
A forma de realizar o pagamento é unha das características que maior desconfianza pode xerar no comprador. En primeiro lugar é fundamental coñecer as diferente formas de pagamento:
- Contra reembolso. O comprador págalle á empresa encargada de realizar a entrega cando recibe o pedido.
- Transferencia ou ingreso en conta. Previamente ó envío ingrésase o importe da compra nun número de conta do vendedor.
- Tarxeta de crédito. O comprador debe facilitar os datos dunha tarxéta de crédito na que se cargará o importe. Existe unha alternativa que son as tarxetas de pago por internet emitidas polas entidades bancarias para facilitar o pago de forma segura (verémolas cando tratemos a banca online).
- Entidades intermediarias. Son empresas que reciben o diñeiro do comprador e o fan chegar ó vendedor (previo cobro dunha pequena comisión a este último). A finalidade destas empresas e garantir a comprador e vendedor unha correcta transacción sen que o comprador lle teña que facilitar os datos bancarios a terceiros (o comprador crea unha conta neste tipo de empresas na que facilita os datos bancarios; cando vaia realizar unha compra nunha tenda onelin só ten que facilitar os seus datos da entidade intermediaria). A empresa intermediaria máis importante é PayPal (outras: clickandbuy, WorldPay, MoneyBookers, etc).

Consellos para comprar de forma segura
- Antes de realizar un pedido localiza na páxina web información sobre a empresa xestora da tenda. Deben figurar os seguintes datos: nome ou razón social, dirección física da sede, teléfono e correo electrónico.
- Busca en internet opinión doutros usuarios. Existen webs especializadas en opinión como ciao; outra fonte importante de información son os foros especializados. Lembra que non existe a tenda (nin física nin online) cun 100% de opinións favorables, pero no caso de que encontres moitas opinións (con coñecemento de causa) negativas, sospeita.
- Asegúrate de que a web emprega sistemas de seguridade (pasarelas de pago, ferramentas de encriptación como VeriSign, etc) ou presentan certificacións de comercio seguro (confianzaonline, eurolabel, etc)
- Elixe unha forma de pago que non implique riscos como contra reembolso ou mediante tarxeta especializada en compras por internet.
No hay comentarios:
Publicar un comentario