As aplicacións en liña son programas que se executan e utilizan nos sitios webs no que están aloxadas sen ter que instalalas no noso ordenador (nalgúns casos requiren a istalación de algúns arquivos antes de comezar a utilizalas).
Vantaxes deste tipo de aplicacións:
- Non hai que instalalas no ordenador polo que aforramos espazo no disco duro.
- Permiten almacenar os documentos xerados na internet, permitindo acceder a éstos dende calquera ordenador con acceso a internet sen ter que carrexar dispositivos de almacenamento.
- Permiten a elaboración colaborativa de documentos; é dicir, varias persoas situadas en distintos puntos do planeta poderían elaborar conxuntamente un documento.
- Posibilitan a publicación dos nosos documentos. Podemos permitir que calquera persoa (ou ben únicamente un grupo de persoas seleccionado por nós) poda ver (ou incluso editar) os nosos documentos.
Inconvenientes:
- É preciso dispoñer de conexión a internet.
As aplicacións en liña que máis éxito están a ter son as suites ofimáticas, que nos permiten crear documentos de texto, follas de cálculo e presentacións. Entre este tipo de aplicacións destaca Google Docs.
Dende o eido da educación existen varias propostas de aplicacións en liña que pouco a pouco están a cobrar unha grande relevancia. Nos falaremos de dúas: as aplicacións JClic e o programa Descartes.
Google Docs
Google Docs é unha aplicación ofimática que nos vai a permitir crear, editar e publicar documentos ofimáticos de tres tipos: arquivos de texto, folas de cálculo e presentacións.
Entre as posibilidades de Google Docs cabe destacar:
- Ccrear dende cero os documentos anteriormente citados.
- Subir documentos deste tipo (publicalos) creados en Microsoft Office e Openoffice.
- Elaboración colaborativa de documentos.
- Publicación dos documentos para que estén dispoñibles para todo o mundo ou para os teus amigos.
- Almacenar online os documentos, facilitando o acceso ós mesmos en calquera momento e en calquera parte.
- Publicar no teu blog ou páxina web os documentos que creaches ti ou outros usuarios.
Aplicacións Jclic
Jclic son aplicacións de software libre que permite crear e utilizar actividades educativas multimedia.
Zona clic é unha das páxinas adicadas á creación e publicación destas actividades. Para que te fagas unha idea de en que consisten estas actividades educativas bótalle un ollo a algunha das publicadas nesta web na biblioteca de actividades (recomendo a actividade chamada "Un passeig pel JClic". Fai click en "verlo (applet)" na versión en español).
Descartes
Descartes é un proxecto promovido polo Ministerio de Educación y Ciencia, coa intención de promover a aprendizaxe das matemáticas integrando as Tecnoloxías da Información e da Comunicación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario