Un blog é un sitio web que permite, a un ou varios autores, publicar periódicamente unha serie de contidos sobre os que os lectores poden opinar.
Os blogs son un exemplo típico de web 2.0 xa que, ademais de permitir o seguimento das publicacións, nos vai a posibilitar expresar a nosa opinión sobre as mesmas.
A versatilidade e facilidade de manexo dos blogs fai que na actualidade sexa un dos medios favoritos dos internautas para dar a coñecer os seus pensamentos e inquietudes e intercambiar opinións co resto da comunidade.
A publicación dos artigos dun blog faise por orde cronolóxica inversa, de feito que o último artigo publicado (o máis recente) aparece ó principio da páxina principal.
A temática dos blogs é moi variada e corresponde ó autor do mesmo o tema ou reflexións a tratar en cada momento, así como a posibilidade de eliminar (ou directamente non permitir) os comentarios que considere.
Existen numerosas ferramentas que nos permiten a creación dun blog na internet, unha das máis utilizadas é a ferramenta de google para o aloxameno e mantemento de blogs: Blogger. Para poder crear unha conta en blogger só é preciso ter unha conta de Gmail.

Tutorial de Blogger
A seguinte presentación explica a creación e posta en marcha dun blog en Blogger:

Imaxes e vídeos nas entradas de Blogger
O editor de entradas de Blogger vainos permitir achegar imaxes e vídeos ás nosas publicacións (coa seguinte limitación: "AVI, MPEG, QuickTime, Real e Windows Media, e un tamaño máximo de 100 MB").
Outra posibilidade á hora de achegar vídeos é incluir directamente vídeos de Youtube. Para incluir este tipo de vídeos, debemos copiar da páxina de Youtube que mostra o vídeo que nos interesa o contido que aparece na pestaña insertar; a continuación pegaríamos estes caracteres no corpo da nosa publicación.
Velaquí un exemplo:
- Esta é a información que tedes que copiar (lembrade que debe copiarse enteira)
- Debedes pegar esta información na entrada que estades a facer quedando co seguinte aspecto:
- O resultado será visible ó publicar a entrada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario