As webs Glenn Feron e Greg Apodaca permítenos observar unha mostra de retoque fotográfico profesional neste campo. Se lle botamos un vistazo as imaxes publicadas nestas webs (sección portfolio) observamos as imaxes retocadas; cando pasamos o cursor por enriba das imaxes móstrase a imaxe orixinal.


Outros deseñadores gráficos crean fotomontaxes moito máis chamativos para tentar acadar o maior impacto posible no espectador; este tipo de traballos están orientados, fundamentalmente, á publicidade e, nalgúns casos, poden considerarse verdadeiras obras de arte. Entre os deseñadores máis famosos cabe destacar, entre outros, a:
- Cristophe Huet. Na web deste deseñador podemos ver paso a paso o "making off" de algúns dos seus traballos.

- Jean-Yves Lemoigne. Traballa fundamentalmente como fotógrafo publicitario. Entre os seus clientes destacar marcas como: Audi, Citroen, Volkswagen, Orange, etc.

- Joan Charmant. A súa páxina permítenos ver as fotografías que empregou nos fotomontaxes.

No hay comentarios:
Publicar un comentario